Thursday, September 21, 2006

VERSIÓN PARA pulo vizoso

A que xogamos?... (Apuntamentos)

Querendo achegar "chaves" para o desenvolvemento da mellor configuración... instamos á montaxe da "patria" no FEITO HUMANO e apuntamos ameazas e connotacións:
...a perversión no equívoco uso da linguaxe...Exemplo:... ofendidos chamar "terrorismo" á rebelión dos acorralados en xenocidios de argumentación miserable, falaz e incluso no maior cinismo xa recoñecida como falsa, e non ó paso ó sangue e lumeirada indiscriminada de vellos, mulleres e nenos coa bestialidade (ou a beatitude) da guerra desatada dende poderes convencionais.
Están eles, e os colectivos comprendendo "ós uns", pero non ós outros. Afastémonos
... as relixións (todas) entre elas os nacionalismos... a exaltación das etnias... "graciosamente unxidas" a posicións de privilexio dende as que detraer parte do pastel a outras arrincoadas, ou no maior descoido ou inconsciencia. Aceptando o seu ninguneo
En xogo que de todos os xeitos a ninguén beneficia, pero que á humanidade cara a unha mellor estruturación convenlle abandonar. Para no ser un inútil xoguete de forzas absurdas.
[A colocación tamén de Fdez Ardavín:
..."o león do poderoso, afiando anda as súas poutas
sen pensar que ás formigas, cómenas as cigarras
e son logo as cigarras, carne para as formigas"...]
...?
Sinxelamente coa ciencia, e a tecnoloxía e a arte... e o esforzo, os seres humanos controlan, e modelan, á natureza. Progresivamente.
...o cidadán común, tan apremiado polas esixencias do cotiá, delegamos en entidades, institucións, asociacionismo... que abusan de nós, como, cando e canto queren. E nas que se multiplican espécimes e aproveitados, que nos rouban o seu significado, zugan o noso, promoven os máis ignominosos desvaríos (nos que nos involucran) e déixannos unha e mil veces en ridículo ante nos mesmos. Quitándonos ata caprichosamente a terra debaixo dos nosos pés.
...contra tales desmáns, chéganos con facer i exercer de CIDADÁNS XXI, simplemente entroncando cos CLÁSICOS (Grecia e Roma,...) , o Renacemento, o Enciclopedismo e a Ilustración,... onde os seres humanos fomos situando as maiores cotas de honra e de valor xeral.
Úrxenos aposentar o noso propósito, empuxe, esforzo e alento no desenvolvemento do Enciclopedismo e A Ilustración que se corresponden co noso século, e afastarnos e arredar a aqueles que se resisten a deixar á presa, responsabeis da maior Involución na historia da humanidade. O Ténebro (A Idade Media que durou todos sabemos canto en según que sitios, entre nos Hispania, e Hispano parlantes en xeral case ata nontronte e que ofrécesenos como " O mellor futuro". Para arrincoarnos nel). Pero xa o coñecemos.
Aquí está a tarefa. Que nos corresponde (a todos)

No comments: